Folgoso do Courel celebra este sábado as festas de Santiago Apóstolo en Vilasibil

RibeiraSacraXa
Haberá misa, música e verbena para amenizar a xornada
festas-vilasibil-folgoso
24 Jul 2026

A aldea de Vilasibil, na parroquia de Meiraos (Folgoso do Courel), celebrará este sábado, 25 de xullo, as súas festas na honra de Santiago Apóstolo cunha xornada que combinará os actos relixiosos e a música.

A programación comezará ás 13.00 horas coa celebración da misa. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada pola Asociación Musical Son do Ladra-Sureños.

Pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase a alborada coa mesma agrupación musical. Despois actuará o Dúo Euphoria, que tamén será o encargado de amenizar a verbena xunto cun DJ.

Durante a xornada, ademais, realizarase o sorteo dunha carretilla cargada de produtos entre as persoas que participen na compra de tíckets.

0.13385415077209