A Biblioteca Antonio Reboiro recupera o seu Club de Lectura cun percorrido polos clásicos estadounidenses

RibeiraSacraXa
A nova edición comezará este mércores, 7 de outubro, e estará moderada por Sergio Rodríguez, con lecturas de autores como Hemingway, Hawthorne ou Zora Neale Hurston
club-de-lectura-a-pobra-do-brollon
4 Oct 2026

A Biblioteca ‘Antonio Reboiro’ prepara unha nova edición do seu Club de Lectura, que este curso achegará ás persoas participantes diferentes clásicos da literatura universal.

A primeira proposta estará centrada na literatura estadounidense e, durante o primeiro trimestre, o moderador do club, Sergio Rodríguez, guiará as lecturas por relatos de autores e autoras como Nathaniel Hawthorne, Ernest Hemingway, Zora Neale Hurston ou Shirley Jackson, entre outros.

O material necesario para as sesións será facilitado pola propia Biblioteca municipal. O Club de Lectura dará comezo este mércores, 7 de outubro.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Biblioteca ou chamar ao teléfono 982 430 546.

0.15709209442139