A Pobra do Brollón incorpora o voleibol ás actividades deportivas do vindeiro curso

A Pobra do Brollón contará a partir do 1 de outubro cunha nova actividade deportiva dirixida á rapazada de entre 6 e 12 anos. Trátase duns adestramentos de voleibol impartidos por adestradoras cualificadas do Clube Voleibol Ribeira Sacra.
As sesións desenvolveranse os martes e os xoves, entre as 15.45 e as 17.15 horas, no Pavillón municipal. A proposta permitirá aos nenos e nenas achegarse a esta disciplina deportiva e aprender as súas bases baixo a supervisión de persoal especializado.
O prezo da actividade será de 20 euros ao mes. As familias interesadas poden solicitar información ou formalizar a inscrición nas oficinas de Servizos Sociais, nos teléfonos 982 430 447 e 609 004 541.
A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade no marco do programa correspondente.