A Pobra do Brollón enche de maxia e humor a área dos Samugueiros

A Pobra do Brollón acollerá este mércores, 26 de agosto, unha proposta de maxia e humor da man da Maga Fani, que presentará un espectáculo pensado para público de todas as idades.
A actuación, que combinará maxia, enredos e situacións sorprendentes, permitirá ao público participar nunha xornada para practicar novas “exclamacións de abraio” e desfrutar dunha proposta especialmente deseñada para compartir en familia.
O espectáculo comezará ás 21.00 horas na área dos Samugueiros. En caso de chuvia, a actividade trasladarase á Casa da Cultura “Olga Novo”.
A proposta está dirixida a persoas de todas as idades, desde os 5 ata os 150 anos, cunha combinación de maxia e humor pensada para garantir a diversión do público.