A Pobra do Brollón acondiciona o acceso á Cova das Choias

Finalizan os traballos de limpeza vexetal realizados no camiño que une Biduedo coa Cova das Choias, na Pobra do Brollón, unha actuación desenvolvida polos participantes no Obradoiro Dual de Emprego no marco das labores de prevención de incendios forestais.
Os traballos permitiron despexar o percorrido, facilitando o acceso a pé a este enclave natural a través dun itinerario rodeado de árbores e vexetación autóctona.
A Cova das Choias forma parte do programa municipal de visitas guiadas de verán, polo que pode visitarse acompañado por un guía durante os meses estivais. O acondicionamento do acceso busca mellorar as condicións do percorrido para as persoas que participan nestas visitas.