Sober incorpora un punto limpo móbil para mellorar a xestión de residuos nos eventos

RibeiraSacraXa
O dispositivo conta con nove bocas selectivas e foi financiado cunha axuda de 15.000 euros da Consellería de Medio Ambiente
punto-limpo-mobil-sober
24 Sep 2026

O Concello de Sober vén de incorporar un novo punto limpo móbil destinado especificamente á recollida selectiva de residuos durante a celebración de eventos no municipio, como festivais, festas ou concertos.

O dispositivo dispón de nove bocas selectivas e catro entradas por cada lateral para depositar diferentes tipos de refugallos, entre eles vidro, papel e cartón, plásticos e restos.

A adquisición foi financiada integramente mediante unha subvención de 15.000 euros concedida pola Consellería de Medio Ambiente. A entrega do equipamento foi realizada pola empresa Baygar.

O alcalde de Sober destaca ademais o carácter turístico do novo recurso, xa que a parte traseira do punto limpo móbil está decorada cunha fotografía da ribeira de Sober, un dos elementos máis representativos do municipio.

0.14684104919434