A Pobra do Brollón pon en marcha obradoiros de memoria para fomentar o envellecemento activo

O Concello da Pobra do Brollón iniciou un novo programa de obradoiros de memoria, impartidos pola asociación Afamon, co obxectivo de fomentar o envellecemento activo entre a poboación de maior idade do municipio.
As sesións celébranse os martes pola tarde na Biblioteca municipal de A Pobra do Brollón, onde os e as participantes xúntanse para realizar unha serie de actividades pensadas para estimular diferentes capacidades cognitivas. Entre elas inclúense exercicios centrados na memoria, o razoamento lóxico, a lecto-escritura, o cálculo e a linguaxe, entre outras áreas de traballo.
Esta iniciativa está dirixida a todas aquelas persoas maiores de 50 anos que desexen participar e manter activas as súas capacidades mentais nun contorno dinámico e comunitario.
As persoas interesadas en sumarse a estes obradoiros poden poñerse en contacto coas oficinas de Servizos Sociais a través dos teléfonos 982 430 447 ou 609 994 451, onde se facilitará toda a información necesaria para a inscrición.