O Mercado Circular regresará á Pobra do Brollón con catro xornadas entre xullo e setembro

RibeiraSacraXa
A Praza da Peza acollerá postos de produtos da terra, artesanía e artigos de segunda man, e a organización mantén aberta a inscrición para novos expositores.
mercado-circular-a-pobra-do-brollón
23 Jul 2026

A Pobra do Brollón volverá acoller unha nova edición do Mercado Circular, unha iniciativa que reunirá postos de produtos da terra, artesanía e artigos de segunda man ao longo de catro xornadas programadas para este verán.

O mercado celebrarase en horario de mañá na Praza da Peza os días 25 de xullo, 11 e 25 de agosto e 11 de setembro.

A organización mantén aberto o prazo para aquelas persoas que desexen instalar un posto no mercado. As inscricións poden realizarse a través de WhatsApp no teléfono 650 624 828. As persoas participantes deberán dispoñer do seu propio posto para desenvolver a actividade.

O Mercado Circular busca ofrecer un espazo para a venda e intercambio de produtos locais, pezas artesanais e obxectos de segunda man, favorecendo a participación de produtores, artesáns e particulares.

0.12103486061096