A Escola de Música Samoeiro organiza este xoves unha nova xornada de portas abertas

A Escola de Música Samoeiro celebrará este xoves unha nova xornada de portas abertas da súa clase de iniciación á música tradicional, centrada na gaita e na percusión.
A actividade permitirá que os nenos e nenas de entre 8 e 16 anos interesados en coñecer estas disciplinas poidan asistir a unha sesión e probar a actividade antes de formalizar a matrícula, sen ningún compromiso.
A xornada desenvolverase de 18.00 a 19.00 horas e está pensada como unha oportunidade para que os participantes teñan un primeiro contacto coa música tradicional e co funcionamento da clase.