O Punto Limpo Móbil atópase na Pobra do Brollón na súa derradeira parada do percorrido

RibeiraSacraXa
O servizo itinerante está instalado na área recreativa de Samugueiros ata o domingo 6 de agosto, pechando así a súa ruta polas distintas parroquias do concello
punto_limpo_pobra_do_brollon
3 Sep 2026

O Punto Limpo Móbil está Pobra do Brollón, onde permanecerá instalado na área recreativa de Samugueiros ata o vindeiro domingo, 6 de setembro. Esta parada supón o peche do percorrido que o servizo vén realizando polas diferentes parroquias do concello.

Este dispositivo itinerante permite á veciñanza depositar de forma controlada pequenos residuos considerados contaminantes, que non deben desbotarse xunto co lixo convencional. Entre os materiais que se poden entregar atópanse as pilas, os medicamentos caducados xunto cos seus envases, as lámpadas e tubos fluorescentes, os aerosois, o aceite de cociña usado, os envases baleiros de pintura, así como tóners e cartuchos de tinta de impresoras.

Quen desexe ampliar a información sobre este servizo pode consultar a páxina web do Concello de A Pobra do Brollón.

0.14921998977661