A Pobra do Brollón busca a fotografía que será portada do seu calendario de 2027

O Concello da Pobra do Brollón xa busca a fotografía que protagonizará a portada do calendario municipal de 2027. Para participar, é necesario presentar unha imaxe bonita tomada no municipio e seguir algunha das vías habilitadas pola organización.
As persoas interesadas poden publicar a fotografía en Facebook e/ou Instagram acompañada do cancelo #calendarioguimaralia e etiquetando ao Concello da Pobra do Brollón. Tamén existe a posibilidade de enviar a imaxe directamente por WhatsApp ao número 650 624 828 ou a través do correo electrónico comunicacion@concellodapobradobrollon.gal.
O prazo para participar permanecerá aberto ata o 6 de setembro. A fotografía que resulte seleccionada será empregada no calendario de 2027 e nela especificarase o nome do seu autor ou autora.
O Concello comunicará a través das súas redes sociais cal foi a imaxe escollida. As persoas interesadas poden seguir a convocatoria en Instagram, na conta @guimaralia, e en Facebook, a través do perfil @concellapobradobrollon.