A Pobra do Brollón comeza a entrega dos vales de axuda para libros e material escolar do curso 2026-2027

RibeiraSacraXa
As familias do alumnado matriculado no CEIP da Pobra do Brollón poderán recollelos ata o 31 de agosto nas oficinas municipais
material-escolar
5 Aug 2026

O Concello da Pobra do Brollón iniciou a entrega dos vales de axuda económica destinados á compra de libros e material escolar para o alumnado matriculado no CEIP da Pobra do Brollón durante o curso 2026-2027.

Os vales poderán recollerse nas oficinas do Concello ata o vindeiro 31 de agosto, en horario de 9.00 a 12.00 horas.

Unha vez retirados, as familias poderán facer efectivos os vales na Librería Núñez da Pobra do Brollón para a adquisición do material e dos libros escolares correspondentes ao novo curso académico.

0.13312888145447