A Pobra do Brollón comeza o 1 de outubro as actividades deportivas do curso 2026-27

RibeiraSacraXa
O programa inclúe ximnasia, aerobic, ioga e pilates, con clases en diferentes horarios na Pobra e en Cereixa, e admite tamén grupos de parroquias con polo menos dez persoas
pelota-pilates-recurso
24 Sep 2026

A Pobra do Brollón prepara o inicio do novo curso de actividades deportivas e de benestar, cunha programación que incluirá clases de ximnasia, aerobic, ioga e pilates a partir do mes de outubro.

As sesións desenvolveranse en diferentes horarios ao longo da semana. Os martes haberá ioga ás 11.15 horas na Casa da Cultura e ximnasia na Pobra ás 19.00 e ás 20.00 horas, en dous grupos. Os mércores ofreceranse clases de aerobic ás 11.15 horas e ximnasia en Cereixa ás 17.15 horas.

Os xoves volverá haber ioga ás 11.15 horas, mentres que os venres a programación incluirá pilates ás 18.00 horas e dúas quendas de ximnasia na Pobra, ás 19.00 e ás 20.00 horas.

As actividades comezarán o 1 de outubro e as persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o martes 29 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais, en horario de 9.30 a 14.00 horas. Para máis información ou para realizar consultas están habilitados os teléfonos 982 430 447 e 609 004 451.

O prezo será de 15 euros ao mes para quen participe nunha clase semanal e de 20 euros ao mes no caso de realizar dúas clases á semana.

Ademais, o Concello ofrece a posibilidade de organizar actividades noutras parroquias. Para iso, deberán existir grupos de polo menos dez persoas interesadas, que poderán poñerse en contacto cos Servizos Sociais para solicitar a creación dunha actividade.

0.14487385749817