A Pobra do Brollón celebrará o V Trail e Andaina Capela San Vitorio o 6 de setembro

A Pobra do Brollón acollerá o domingo 6 de setembro a quinta edición do Trail e Andaina Capela San Vitorio, unha cita deportiva que combinará diferentes percorridos para participantes de distintos niveis.
A proba principal de trail terá unha distancia de 28 quilómetros e un desnivel positivo de 1.100 metros, mentres que o minitrail contará cun percorrido de 14 quilómetros e 450 metros de desnivel positivo.
Para as persoas que opten pola andaina haberá dúas alternativas: unha ruta de 14 quilómetros e 450 metros de desnivel positivo e outra de 9 quilómetros con 200 metros de desnivel positivo.
As inscricións permanecerán abertas ata o 1 de setembro a través da plataforma Cronotec. O prezo será de 18 euros para o trail, 15 euros para o minitrail e 10 euros para calquera das dúas modalidades de andaina.
A inscrición inclúe seguro, dorsal, camiseta conmemorativa, trofeos, avituallamentos, sorteos e barra libre ao finalizar a proba.