Novas de Quiroga
O programa “Descubrir Quiroga” inaugurou unha nova edición cun roteiro polo Camiño de Inverno
Os participantes percorreron o tramo entre Quiroga e o límite co concello da Pobra do Brollón, descubrindo a riqueza e patrimonial da zona
Os usuarios do Centro de Día de Quiroga celebran as Letras Galegas cun libro dedicado a Begoña Caamaño
As persoas usuarias do centro elaboraron, coa colaboración do persoal e de AFAMON, participaron nesta inciativa na que se recolle a vida e a traxectoria da autora
As bibliotecas escolares de Sober e Quiroga consolídanse como referentes de innovación educativa e fomento da lectura
Ambos centros forman parte do PLAMBE e destacan pola súa aposta por integrar a biblioteca no funcionamento diario da comunidade educativa e no desenvolvemento de proxectos transversais
Quiroga acolle tres concertos esta fin de semana para celebrar as Letras Galegas
O Grupo Vocal Entrelas, a Coral Cantar Delas e a Coral Polifónica de Quiroga actuarán este sábado, 16 de maio, continuado coa programación do “Mes das nosas letras”
O BNG de Quiroga organiza este venres un acto sobre Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas
A escritora e profesora Olga Novo protagonizará unha charla centrada na obra e no compromiso social da autora homenaxeada este ano
Os traballos para reparar a estrada entre Paradaseca e Vilarmel comezarán esta semana
A Xunta e o Concello colaborarán para arranxar este tramo, único acceso rodado aos núcleos de Paradapiñol, Rugando, Cereixido e Vilarmel, que se derrubou tras as fortes choivas
O Concello de Quiroga organiza unha excursión á Mariña Lucense
A saída terá lugar este próximo domingo e as persoas interesadas teñen até o día 6 para anotarse
Xabier Quiroga presenta o seu novo libro en O Saviñao
O acto terá lugar ás 20:00 horas no Círculo Saviñao
O Faladoiro de Quiroga achegou á veciñanza o labor dos servizos de emerxencias sanitarias
A cita estivo guiada por Xosé Ferrín, técnico de emerxencias sanitarias
Sumar Galicia reclama á Xunta actuacións urxentes nas zonas afectadas polos lunes tras o derrubamento dunha estrada en Quiroga
Denuncian illamento de aldeas, falta de prevención e deficiencias na xestión das zonas queimadas
Quiroga en Marcha organiza unha nova edición do seu encontro anual arredor do viño
Será o sábado 13 de xuño e nesta ocasión xirará en torno á paisaxe da Ribeira Sacra, o medio ambiente e a emerxencia climática
Toponimízate 2026 levará a recuperación dos nomes tradicionais a doce concellos galegos
A campaña percorrerá Galicia entre abril e outubro con charlas para implicar á veciñanza na protección da toponimia
Quiroga será o primeiro concello lucense en contar cun mapa sociolingüístico escolar propio
Trátase dunha iniciativa promovida pola RAG en colaboración co Concello pensada para analizar a situación do galego entre a poboación máis nova e orientar futuras accións de promoción do idioma
A III Carreira das Picariñas do Xeoparque regresará en 2026 para promover o deporte entre os máis pequenos
Nesta edición, a proba celebrarase na praia fluvial de Megoxe, no concello de Folgoso do Courel
O túnel de Montefurado, incluído no II Catálogo de Actuacións no Patrimonio das Obras Públicas
O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia considera “aceptable” o seu estado de conservación aínda que con marxe de mellora
A Xunta pide unidade no Congreso para lograr a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco
Durante un encontro en Madrid, o responsable de Cultura pediu “involucrar a todas as forzas políticas con representación na Cámara” para apoiar unha candidatura que presentou como un “proxecto de país”
A Sociedade Xeológica de España a través da UNED organiza un paseo xeoarqueolóxico por Montefurado
Será o vindeiro domingo 26 de abril e estará a cargo do xeólogo Óscar Pazos Rodríguez
Quiroga acolle este sábado unhas xornadas para poñer en valor ás persoas coidadoras
Trátase da primeira edición das Xornadas “Coidar a quen coida”
Coureleando propón dúas novas rutas polo río Lor e o Pico do Coto
Serán esta fin de semana e estarán guiadas polo técnico deportivo de media montaña, Guillermo Díaz Aira
A Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago homenaxea ao quirogués Casimiro Mondelo no seu centenario
Mondelo é coñecido entre os peregrinos do Camiño de Inverno pola súa atención e hospitalidade ao longo dos anos



