Novas de Quiroga
As piscinas municipais de Quiroga abren as súas portas
As instalacións manterán os prezos das entradas e bonos dos últimos anos e permanecerán en funcionamento ata setembro
O programa “Descubrir Quiroga” achegou aos participantes aos museos da vila e promoveu unha experiencia de benestar na natureza
As actividades da fin de semana incluíron visitas ao museo xeolóxico e etnográfico, ademais dunha xornada de “Paseos Conscientes” pola contorna do río Quiroga
O programa “Descubrir Quiroga” levará este sábado aos participantes a coñecer os museos do municipio
A seguinte actividade será o domingo cun roteiro polo paseo do río Quiroga
A Escola de Música Moderna do Xeoparque Montañas do Courel celebra o seu festival de fin de curso en Quiroga
O concerto terá lugar este xoves 25 de xuño no Auditorio Municipal e incluirá un repertorio con temas de diversos estilos e artistas
Quiroga celebra esta noite o San Xoán con sardiñas, música e fogueira
A festa comezará a partir das 21:00 horas no Parque da Constitución
O Concello de Quiroga ten aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán
Estará dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos e desenvolverase entre durante os meses de xullo e agosto
O programa “Descubrir Quiroga” continúa este sábado cun roteiro interpretado por Montefurado
Baixo o título “Montefurado, aceite e viño”, a proposta combinará o percorrido guiado coa realización de dúas catas
O programa “Descubrir Quiroga” propón tres actividades durante o mes de xuño
A primeira delas será o día 21 cunha ruta titulada “Montefurado: Aceite e Viño”
Quiroga prepárase para unha intensa fin de semana de festas na honra de San Antón
Haberá celebracións nas parroquias de Carballo de Hospital, Santa Cubicia, Barreiro e Sampaio, Xestoso do Lor e Ponte Soldón
Ourense, Pontevedra e o Sur de Lugo afrontan unha fin de semana en alerta amarela por altas temperaturas
As temperaturas máis elevadas espérase a partir das 13:00 horas do venres en Ourense e Pontevedra, onde os termómetros poden achegarse aos 36 graos
Quiroga viviu unha intensa fin de semana coa celebración do Corpus e da XVIII Festa do Peregrino
Decenas de persoas participaron nos actos relixiosos e festivos, que incluíron as tradicionais alfombras florais
As Escolas Deportivas Municipais de Quiroga destacan na Provincial de voleibol de Xogade celebrada na localidade
As EDM de Quiroga conseguiron o título de campioas provinciais na categoría alevín feminino, un logro que supón o regreso ao título tres anos despois
Un equipo do Colexio Santa María del Mar gaña a primeira Olimpíada Galega de Bioloxía da ESO no Courel
A prata foi para o IES Eusebio da Guarda e o bronce para o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
O Concello de Quiroga despediu o “Mes das nosas letras” coa presentación da revista “Lobos te coman”
A escritora local Celia Díaz deu a coñecer esta revista de pasatempos ambientada no propio municipio de Quiroga ante o público asistente
Quiroga acolle as finais provinciais de voleibol escolar con protagonismo para Emevé, Ribeira Sacra e o equipo anfitrión
As competicións benxamín e alevín reuniron aos mellores conxuntos da provincia nunha intensa xornada deportiva
A Ribeira Sacra acolle unha nova edición da “Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños”
O programa desenvolverase desde este venres ata o domingo e inclúe visitas guiadas a adegas, catas e múltiples experiencias vinculadas á cultura do viño
Lugo reuniu centos de estudantes na Festa Correlingua 2026 en defensa da lingua galega
Na cita da capital participaron quince centros educativos procedentes de Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Monterroso, Quiroga e Navia de Suarna
Quiroga acollerá este domingo a presentación da revista de pasatempos “Lobos te coman!”, centrada no patrimonio local
Trátase dunha publicación elaborada pola profesora e escritora Celia Díaz Núñez e editada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O Xeoparque Montañas do Courel acollerá un novo campionato de parapente de longa distancia
A segunda edición da proba amplía o seu regulamento, incorpora novas categorías e desenvolverase entre xuño e setembro
O Correlingua reunirá en Lugo a centos de estudantes da provincia nunha nova defensa festiva do galego
Na cita da capital participarán quince centros educativos procedentes de Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Monterroso, Quiroga e Navia de Suarna
O folk galego de Lenda Ártabra chega ao Auditorio de Quiroga dentro do “Mes das nosas Letras”
A formación actuará esta tarde no Auditrio
A Seara acolleu o peche da edición primaveral do proxecto RadioVisual do Patrimonio
A emisión realizouse desde o Centro de Interpretación da Música de Raíz da Fundación LEGAR, nun encontro que contou coa participación destacada do alumnado e profesorado do CEIP de Quiroga
O Museo Etnográfico de Quiroga incorpora novas pezas ao seu recuncho tecnolóxico
As novas incorporacións inclúen ferramentas e aparellos históricos vinculados ao ámbito industrial e artesanal
A Seara acolle o peche do RadioVisual do Patrimonio cun evento centrado na mocidade e a cultura tradicional
Será no Centro de Interpretación da Música de Raíz e contará coa participación do alumnado do CEIP de Quiroga



