O BNG organiza en Quiroga un acto público baixo o lema “Na Galiza: Paz, Soberanía, Dereitos”

RibeiraSacraXa
O encontro celebrarase este xoves na Casa da Cultura e abordará a postura da formación fronte á escalada militar e o aumento do gasto en armamento
acto-paz-bng-lugo-sul
28 May 2026

O Bloque Nacionalista Galego celebrará este xoves, 28 de maio de 2026, un acto público en Quiroga dentro da campaña “Na Galiza: Paz, Soberanía, Dereitos”, unha iniciativa coa que a formación pretende trasladar a súa oposición á crecente escalada militar impulsada nos estados da Unión Europea e da OTAN.

O encontro, organizado polo BNG de Lugo Sur, terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Quiroga e contará coa participación do deputado do BNG no Parlamento de Galicia Iago Suárez e do responsábel local da formación en Quiroga, Xosé Manuel Fernández.

A través desta campaña, o Bloque cuestiona as políticas baseadas, segundo sinalan, na creación dun clima de medo e alarma social para xustificar o incremento do gasto militar e a adquisición de armamento. A formación nacionalista defende que a seguridade dos pobos debe sustentarse “na paz, soberanía e dereitos sociais”, afastándose de dinámicas militaristas e belicistas.

Dende o BNG tamén expresan o seu rexeitamento á participación de Galicia nas “estratexias militares do Estado español” e reivindican o dereito dos pobos a vivir “libres e en paz, sen inxerencias externas”.

Con este acto público, a organización nacionalista fai un chamamento á participación de persoas “antimilitaristas e preocupadas pola deriva belicista” que, ao seu xuízo, está a marcar o contexto internacional actual.

0.14824414253235