O campus de verán de voleibol Carolina Camino regresa a Quiroga no mes de xullo

O Concello de Quiroga celebrará o 7º Campus de verán de voleibol, unha actividade deportiva dirixida á mocidade que contará coa presenza de Carolina Camino como adestradora, que traballará coas persoas participantes de luns a xoves.
O campus desenvolverase entre o 6 e o 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 horas e combinará a práctica de voleibol con actividades na piscina.
As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cultura ata o venres 3 de xullo e prezo da actividade é de 30 euros, con equipación incluída.