O Servizo de Atención Temperá de Quiroga organiza este xoves unha xornada de portas abertas

RibeiraSacraXa
O programa, integrado polos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón e Sober, ofrece psicoloxía, logopedia e terapia ocupaciona
Quiroga-Atencion-Tempera
Actualizada el 25 junio 2026, 05:53 horas
22 Jun 2026

O Servizo de Atención Temperá de Quiroga celebrará este xoves 25 de xuño unha xornada de portas abertas nas instalacións do edificio da Ribeira, co obxectivo de favorecer o encontro entre usuarios, familias e profesionais que forman parte deste recurso.

O servizo está integrado pola agrupación dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón e Sober, e presta atención cada ano a máis dun cento de nenos e nenas.

A súa actividade está dirixida a menores de entre 0 e 6 anos en situación de vulnerabilidade evolutiva, así como ás súas familias e contorna, co propósito de ofrecer unha resposta temperá ás necesidades e dificultades que poidan presentar.

Entre os servizos que se prestan inclúense atención psicolóxica, logopedia e terapia ocupacional, desenvolvidas de maneira individualizada, con proximidade e mantendo contacto permanente coa contorna do menor para favorecer unha intervención adaptada ás súas necesidades.

0.122633934021