O programa “Descubrir Quiroga” propón tres actividades durante o mes de xuño

RibeiraSacraXa
A primeira delas será o día 21 cunha ruta titulada “Montefurado: Aceite e Viño”
Acceso Montefurado
14 Jun 2026

O programa “Descubrir Quiroga” propón durante o mes de xuño tres novas actividades co obxectivo de poñer en valor a súa historia, cultura, tradicións e contorno natural.

A programación inclúe tres propostas: unha ruta titulada “Montefurado: Aceite e Viño”, prevista para o 21 de xuño; unha visita guiada baixo o nome “Coñece os Museos”, o 27 de xuño; e un “Paseo Consciente”, programado para o 28 de xuño.

As inscricións poden realizarse no teléfono 982 43 51 25, a través do correo turismo.quiroga@eidolocal.es ou de forma presencial na Oficina de Turismo de Quiroga.

0.12081503868103