Quiroga prepárase para unha intensa fin de semana de festas na honra de San Antón

RibeiraSacraXa
Haberá celebracións nas parroquias de Carballo de Hospital, Santa Cubicia, Barreiro e Sampaio, Xestoso do Lor e Ponte Soldón
fogos-artificiais-festas
12 Jun 2026

O concello de Quiroga prepárase para unha fin de semana chea de música e celebracións con festas na honra de San Antón nas parroquias de Carballo de Hospital, Santa Cubicia, Barreiro e Sampaio, Xestoso do Lor e Ponte Soldón

En Carballo de Hospital, Santa Cubicia, Barreiro e Sampaio, as festas na honra de Antón terán lugar os días 12 e 13 de xuño. O venres 12 haberá verbena amenizada polo Dúo Estrellas. O sábado 13 comezará coa misa solemne ás 12:30 h, seguida de sesión vermú con Jorge Ferré e festa de tarde-noite co grupo Greasse. Ás 21:00 h está prevista unha gran pancetada.

En Xestoso do Lor (Quiroga) celebraranse as festas na honra de San Antón os días 13 e 14 de xuño. O día 13 haberá misa solemne e procesión ás 13:30 h, acompañadas polo Grupo de Gaitas O Recanto, ademais de sesión vermú e festa de tarde-noite co Trío Rosel. O día 14 comezará ás 10:00 h con pasarrúas do mesmo grupo de gaitas e continuará ás 13:30 h con misa, procesión, sesión vermú e festa de tarde-noite co Trío Nostalgias.

Pola súa banda, en Ponte Soldón celebraranse as festas de San Antonio o 13 de xuño de 2026. Haberá misa solemne e procesión ás 12:00 h. A partir das 15:00 h estará dispoñible o baño no río de forma gratuíta. O chiringuito abrirá o día 8 e ofrecerá pincho de balde coa primeira consumición. A xornada completarase cunha sesión de tarde-noite con música en vivo a cargo dun solista.

0.13566493988037