As Escolas Deportivas Municipais de Quiroga destacan na Provincial de voleibol de Xogade celebrada na localidade

O pasado sábado disputouse en Quiroga a fase provincial de voleibol do programa Xogade, unha xornada na que participaron as Escolas Deportivas Municipais de Quiroga con tres equipos: alevín feminino, alevín mixto e benxamín feminino.
Un total de 16 equipos tomaron parte nesta competición provincial, con representación de conxuntos procedentes do Emevé de Lugo, Monforte de Lemos, Ribeira Sacra e do Colexio Novo.
As EDM de Quiroga acadaron bos resultados, conseguindo o título de campioas provinciais na categoría alevín feminino, un logro que supón o regreso ao título tres anos despois. Pola súa banda, o equipo alevín mixto finalizou na terceira posición e o benxamín feminino ocupou o cuarto posto.
Ao remate da xornada realizouse a entrega de trofeos e medallas, na que participaron o concelleiro de Deportes, Antonio Prieto, o alcalde de Quiroga, Xosé Luis Rivera, e Patricia, do servizo provincial de deportes de Lugo.