Os museos de Quiroga amplían o seu horario durante o verán

Os Museos de Quiroga, integrados polo Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico, iniciaron hoxe o seu horario especial de verán, ampliando a súa apertura habitual durante os meses de xullo e agosto.
A programación estival enmárcase na participación do Concello de Quiroga no programa de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, o que permite reforzar o servizo de atención ao público e ampliar os horarios de visita.
Durante este período, ambos espazos permanecerán abertos de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ademais, os sábados, domingos e festivos o Museo Xeolóxico abrirá de 11.00 a 12.00 horas, mentres que o Museo Etnográfico o fará de 12.00 a 13.00 horas.
Así mesmo, ofrécese a posibilidade de realizar visitas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas en calquera día e horario, sempre con cita previa, a través do teléfono 982435125 ou do correo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.
Dentro do programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, financiado pola Deputación de Lugo, está prevista a actividade “Aventura en familia”, que terá lugar o domingo 2 de agosto. Esta iniciativa inclúe unha visita ao Museo Xeolóxico con propostas e dinámicas dirixidas ao público infantil.
As persoas interesadas en participar nesta actividade poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través do correo turismo.quiroga.quiroga@eidolocal.es ou no teléfono 982 435 125.