As piscinas municipais de Quiroga abren as súas portas

As piscinas municipais do Concello de Quiroga abrirán ao público este mércores, 1 de xullo, iniciando unha nova tempada estival que se prolongará ata o mes de setembro.
Como xa é habitual, a primeira xornada de apertura será gratuíta, polo que as persoas usuarias poderán acceder ás instalacións sen custo durante ese día inaugural.
As piscinas estarán abertas todos os días en horario continuado, desde as 12:00 horas do mediodía ata as 20:00 horas da tarde.
O Concello informa ademais de que se manteñen sen cambios os prezos tanto das entradas individuais como dos bonos respecto ás tempadas anteriores.
Xunto co inicio da actividade das instalacións tamén se atopa operativo o servizo de cafetería das piscinas municipais, que contará cun horario máis amplo que o das propias instalacións deportivas.