O Concello de Quiroga ten aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán

O Concello de Quiroga vén de abrir o período de inscrición para os Campamentos de Verán, unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.
As prazas son limitadas e o prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o 26 de xuño. As solicitudes poderán realizarse de forma presencial no CIM de Quiroga ou a través da sede electrónica do Concello.
Desde o consistorio infórmase de que as persoas interesadas poden obter máis información sobre os requisitos de acceso e os prezos no teléfono 982 438 951 ou na propia sede electrónica municipal.