Novas de Quiroga
Quiroga reúne a máis de 1.400 participantes na sétima edición do QuiMedo
O pavillón municipal será o punto de partida dun percorrido nocturno por oito casas do terror repartidas polo casco urbano, antes de pechar a xornada cun desfile e unha festa final
Quiroga e Ribas de Sil adiantan a recollida da oliva pola falta de chuvia
A calor acumulada durante os últimos meses acelera a madureza do froito nos olivais do sur de Lugo, onde os traballos xa están en marcha
O Concello de Quiroga denuncia os actos vandálicos na Fonte do Patio e chama á responsabilidade cidadá
O conxunto monumental, situado no barrio da Praza, apareceu con danos na fonte, na parede de pedra e na fachada lateral dunha vivenda
‘Descubrir Quiroga’ continuará este domingo cunha ruta entre aldeas e unha cata de aceite
O programa de dinamización turística, que percorreu na última saída varias fervenzas do municipio, ofrecerá unha nova actividade o 18 de outubro
Quiroga afondará na figura de Prisciliano coa estrea dun documental
‘Prisciliano e a Gallaecia’ presentarase o 6 de novembro na Casa da Cultura, onde tamén se celebrará un coloquio posterior
‘Descubrir Quiroga’ levará ao colexio unha xornada para coñecer produtos locais e música tradicional
A actividade celebrarase o 6 de novembro dentro do horario lectivo e permitirá ao alumnado coñecer o traballo de Caurelor e experimentar con instrumentos tradicionais da man da Fundación Legar
As Escolas Deportivas de Quiroga comezan o curso con 80 nenos e nenas anotados
Como novidade, este ano incorporouse o grupo ‘Chupete’ para idades de 4 e 5 anos
‘Descubrir Quiroga’ propón para o 3 de outubro un roteiro polas fervenzas da Seara e Vieiros
A actividade percorrerá diferentes saltos de auga da zona e aínda conta con prazas dispoñibles
Quiroga busca dar continuidade ao proxecto ‘Tecendo Memorias’ a través do Xeoparque Montañas do Courel
A iniciativa, impulsada polo Concello de Quiroga e financiada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, busca recuperar a memoria viva do territorio
O brindo achegará a improvisación oral en galego ao alumnado do Xeoparque Montañas do Courel
Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel organizarán obradoiros nos seus colexios e unha actuación aberta ao público o 4 de outubro
Desactivada a situación 2 no incendio de Calvos de Randín mentres continúa a extinción no de Quiroga
O lume no municipio ourensán alcanza as 460 hectáreas calcinadas mentres está xa estabilizado o de Manzaneda, que afecta a máis de 20
QuiMedo 7 supera xa as 600 inscricións a dous meses da súa celebración
A Festa do Terror terá lugar o sábado 24 de outubro en Quiroga e aínda mantén abertas as inscricións, que se asignan por orde de recepción do pagamento
Quiroga presentará este venres os resultados do proxecto ‘Tecendo Memorias’ na Casa da Cultura
O encontro reunirá na Casa da Cultura ás persoas participantes na iniciativa, que recuperou lembranzas, saberes e tradicións de tres parroquias o Xeoparque
Os escolares de Quiroga aprenden galego con sopas de letras e crucigramas
Un obradoiro de xogos de palabras permitiu ao alumnado dun colexio da comarca do Courel practicar a lingua galega de forma lúdica e creativa
Controlado o incendio forestal de Quiroga, que afecta unhas 460 hectáreas e estabilizado o de Silleda
A Consellería do Medio Rural lembra que a cidadanía pode comunicar a detección de incendios forestais a través do teléfono gratuíto 085
Declárase a Situación 2 como medida preventiva no incendio de Quiroga
O lume orixinouse onte ás 15.25 horas e, segundo as últimas estimacións provisionais, xa calcinou 320 hectáreas na zona
O incendio de Quiroga dispárase ata as 250 hectáreas de superficie queimada
Reforzos aéreos estatais súmanse ao operativo para tentar frear as lapas, que multiplican por máis de dez a superficie afectada nas últimas horas
Eventos
Un incendio forestal permanece descontrolado en Quiroga tras calcinar máis de 20 hectáreas
O lume iniciouse ás 15:25 horas na parroquia de Pacios da Serra e obrigou a mobilizar 3 técnicos, 12 axentes, 16 brigadas, 15 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 9 avións
Quiroga abre a inscrición para as Escolas Deportivas Municipais da tempada 2026-2027
O Concello pon en marcha unha nova tempada de actividade deportiva municipal para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, cunha novidade neste curso: a incorporación dunha categoría para os máis pequenos
O CSIF denuncia a falta de negociación sindical en decisións de persoal no Concello de Quiroga
O sindicato reclama que se convoque a Mesa Xeral de Negociación antes de aprobar orzamentos, cadro de persoal, relación de postos e oferta de emprego público, e non descarta emprender accións administrativas e xudiciais se a situación se mantén
Quiroga acollerá unha nova edición do QuiMedo o vindeiro 24 de outubro
O Concello prepara unha nova xornada de casas do terror con personaxes caracterizados, ambientacións de pesadelo e prazas limitadas para os participantes
O Quiroga Trail Challenge 2027 abrirá as inscricións o 5 de setembro para 1.300 corredores no Xeoparque Montañas do Courel
A proba de trail running, cita para o 20 e 21 de febreiro de 2027, abre o seu prazo de inscrición a través da web oficial cun límite de 1.300 participantes
O programa “Descubrir Quiroga” comeza o mes de setembro con novas actividades para coñecer o territorio
A primeira actividad terá lugar este sábado cun percorrido polo Paseo Fluvial de Quiroga
A Quiroga Bike Marathon pon en marcha un concurso de fotografía para corredores e acompañantes
Quen capte a mellor imaxe da proba e a comparta nas redes sociais etiquetando o evento optará a unha estancia de dúas noites como premio










