O programa “Descubrir Quiroga” comeza o mes de setembro con novas actividades para coñecer o territorio

O programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, impulsado pola Concellaría de Turismo de Quiroga en colaboración coa Deputación de Lugo, comeza o mes de setembro con novas actividades para achegar diferentes aspectos do territorio ás persoas participantes.
A primeira das propostas deste es será o día 5 cunha das actividades máis novas do programa, “Segway Mini Aventura”. Trátase dun percorrido polo Paseo Fluvial de Quiroga que permitirá descubrir a paisaxe local dun xeito diferente, empregando estes vehículos de dúas rodas.
Xa o 12 de setembro celebrarase “Raíces e Ritmos das Montañas”, unha actividade no Museo Etnográfico de Quiroga orientada a achegar aos participantes ás tradicións, á artesanía e á cultura propia das montañas quiroguesas.
As persoas interesadas en participar e que aínda teñan praza dispoñible poden formalizar a inscrición presencialmente na Oficina de Turismo de Quiroga, a través do teléfono 982 435 125 ou no correo electrónico turismo.quiroga@eidolocal.es.