A II Quiroga Bike Marathon remata cun novo éxito de participación con 200 atletas

Quiroga acolleu con gran éxito a II edición da Quiroga Bike Marathon, unha das probas de MTB de referencia no sur da provincia de Lugo, a proba na que estaban inscritos douscentos participantes está organizada dende a área de deportes do Concello de Quiroga e conta co apoio de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Na tarde do venres a partir das sete e media da tarde tiña lugar a entrega de dorsais e realizabase un briefing da carreira donde se compartía información e aspectos técnicos da proba .
O sábado, ás nove da mañá nas inmediacións da Casa Consistorial estando presentes o alcalde de Quiroga , José Luís Rivera e o concelleiro de Deportes, Antonio Marcos, saían da meta douscentos ciclistas dispostos a gozar do territorio do Xeoparque Montañas do Courel.
A proba que combina deporte e natureza nun percorrido deseñado para desfrutar da mountain bike en estado puro; contaba novamente con dúas distancias adaptadas a diferentes niveis de preparación e experiencia, a Bike Marathon con 45 quilómetros e 1300 metros de desnivel positivo e a Bike Extreme con 65 quilómetros e 2300 metros de desnivel positivo.
Os dous percorridos atravesaban algúns dos carreiros e paisaxes máis representativas do Concello de Quiroga, incluíndo tramos técnicos, descensos e zonas rápidas que permitiron aos participantes desfrutar dunha experiencia completa de MTB.
O recorrido común para as dúas probas levou aos participantes pola Cruz das Eiras, as Terras Negras ou o Alto de Reboledo. Neste último punto foi onde os da Bike Marathon collían dirección a liña de meta, mentres que os participantes na Bike Extreme dirixíanse ao Rego das Forcadiñas e o Alto do Boi antes de voltar ao punto de saída.
Ao longo da mañá ian chegando a meta os participantes desta edición á que moitos definiron como espectacular pero moi dura.
Na praza da rúa Lago todos os que ían chegando podían degustar unha paella acompañada de bebidas e refrescos.
Ás tres e media da tarde tiña lugar a entrega de premios a cargo do Alcalde José Luis Rivera e dos concelleiros, Antonio Marcos e Maite Pérez.
Con esta segunda edición, a Quiroga Bike Marathon reafirma o seu potencial como cita imprescindible no calendario ciclista galego e deixando xa a mirada posta na que será a súa terceira entrega.