QuiMedo 7 supera xa as 600 inscricións a dous meses da súa celebración

RibeiraSacraXa
A Festa do Terror terá lugar o sábado 24 de outubro en Quiroga e aínda mantén abertas as inscricións, que se asignan por orde de recepción do pagamento
quimedo-quiroga
23 Sep 2026

QuiMedo 7, a Festa do Terror de Quiroga, xa conta con máis de 600 persoas inscritas para a súa sétima edición, que se celebrará o sábado 24 de outubro. A organización destaca que aínda quedan prazas dispoñibles para participar nesta proposta.

As persoas interesadas en acudir deben cubrir o formulario de inscrición e realizar posteriormente o pagamento. A praza queda confirmada seguindo a orde de recepción dos pagamentos, polo que a organización recomenda non demorarse ante o número de inscricións xa rexistradas e o límite de participantes.

O evento volverá converter Quiroga nun escenario de terror, con unha proposta na que os participantes terán que correr, agocharse e afrontar diferentes situacións ao longo da noite.

0.14149284362793