A III Carreira das Picariñas do Xeoparque regresará en 2026 para promover o deporte entre os máis pequenos

RibeiraSacraXa
Nesta edición, a proba celebrarase na praia fluvial de Megoxe, no concello de Folgoso do Courel
carreira-os-picariños-do-xeoparque
20 Apr 2026

O Quiroga Trail Challenge (QTC) organizará por terceiro ano consecutivo a Carreira das Picariñas do Xeoparque, unha actividade dirixida aos máis pequenos da comarca co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre a infancia. Nesta edición, a carreira celebrarase na praia fluvial de Megoxe, no concello de Folgoso do Courel, o xoves 30 de abril a partir das 11:00 horas.

A proba está destinada ao alumnado dos centros educativos do Xeoparque Montañas do Courel, reunindo arredor de douscentos nenos e nenas de educación primaria procedentes do CEIP de Quiroga, do CEIP de San Clodio e do CPI Poeta Uxío Novoneyra.

A iniciativa, que busca achegar o deporte aos máis pequenos e promover hábitos de vida saudables na contorna do Xeoparque, está organizada polo Quiroga Trail Challenge e conta coa colaboración do Xeoparque UNESCO Montañas do Courel, así como dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

0.12878918647766