A campaña “Merca no teu comercio” arranca este venres en 6 municipios lucenses

LugoXa | RibeiraSacraXa
As iniciativas, que terán lugar, por un lado, en Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil e, por outra banda, na Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz, desenvolveranse até o 30 de maio
merca-no-teu-comercio-quiroga
15 May 2026

A campaña “Merca no teu comercio” comeza este venres dúas novas campañas simultáneas en distintas zonas da provincia de Lugo, co obxectivo de impulsar o comercio de proximidade no medio rural.

As iniciativas, que terán lugar, por un lado, en Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil e, por outra banda, na Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz, desenvolveranse até o 30 de maio. Ambas forman parte dun programa máis amplo de dinamización comercial promovido pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración de entidades locais como a Asociación de Comerciantes do Xeoparque do Courel, entre outras.

En total, a campaña global abrangue 40 accións repartidas por toda Galicia e 114 localidades, co propósito de incentivar as compras nos pequenos establecementos e fortalecer o tecido comercial das vilas e municipios rurais. Na provincia de Lugo están previstas 10 actuacións que se estenderán ata o mes de outubro, cunha dotación conxunta de 10.000 euros en premios.

A participación está aberta a todas as persoas que realicen compras nos comercios das localidades incluídas nestas dúas accións durante o período indicado. Para entrar no sorteo, será necesario rexistrar os tíckets de compra a través da web mercanoteucomercio.com, desde calquera dispositivo electrónico. Tamén existe a opción de que o propio establecemento introduza a operación na plataforma, facilitando así a participación dos clientes.

En cada unha das dúas campañas sortearanse 1.000 euros en premios, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas novamente nos comercios locais. O sorteo celebrarase o 1 de xuño.
A entrega dos premios terá lugar en dúas datas: o 9 de xuño na Praza Rúa Lago de Quiroga para os gañadores dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil; e o 11 de xuño na Praza do Concello da Fonsagrada para os premiados dos outros tres municipios participantes.

0.12167716026306