O Xeoparque Montañas do Courel prepara a XX Semana dos Xeoparques Europeos con todas as prazas cubertas

O Xeoparque Montañas do Courel acolle entre o 24 de maio e o 7 de xuño a XX edición da Semana dos Xeoparques Europeos, unha iniciativa centrada na divulgación do patrimonio natural e xeolóxico da zona a través de actividades formativas e de descubrimento e que acaba de esgotar todas as prazas dispoñibles.
O programa arrinca o 24 de maio cunha iniciación á espeleoloxía na Cova da Ceza. Posteriormente, o 29 de maio celebrarase a sexta edición de Xeopícaros, unha proposta orientada á participación e ao coñecemento do territorio. As actividades continúan o 30 de maio con visitas a microrreservas de orquídeas, mentres que o 31 de maio está previsto un bautismo de xeobarranquismo, co que os participantes poderán explorar os chamados “ríos de pedra” característicos do xeoparque. A programación complétase con outras accións ata o 7 de xuño, dentro desta semana dedicada á posta en valor do patrimonio natural das Montañas do Courel.