Xabier Quiroga presenta o seu novo libro en O Saviñao

O escritor Xabier Quiroga presenta esta tarde o seu novo libro ‘Alguén ao lado’ no Círculo Saviñao.
O acto terá lugar ás 20:00 horas. Quiroga, natural de O Saviñao, é autor dunha ampla traxectoria en lingua galega e foi recoñecido en dúas ocasións co Premio da Crítica de narrativa galega.