Ribas de Sil e Quiroga acollen este sábado a Fase Final Provincial de Fútbol Sala Xogade

RibeiraSacraXa
As finais xogaranse no pavillón de Quiroga nas categorías infantil, alevín e benxamín
balon-futbol-sala
24 Apr 2026

Ribas de Sil e Quiroga acollerán este sábado, 25 de abril, a Final Provincial de Fútbol Sala Xogade, unha cita que reunirá equipos das categorías infantil, alevín e benxamín nunha xornada de competición e convivencia.

O pavillón municipal de Ribas de Sil será o escenario da primeira e segunda semifinal da fase infantil, así como dos partidos que decidirán o terceiro e cuarto posto nas categorías infantil e alevín.

Pola súa banda, o pavillón de Quiroga acollerá as primeiras e segundas semifinais das categorías alevín e benxamín, ademais do encontro polo terceiro e cuarto posto en alevín durante a mañá. Pola tarde disputaranse as esperadas finais das tres categorías.

0.12387299537659