Esgos ultima os preparativos para a gran cita do entroido ourensán deste domingo

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Cinco comparsas tradicionais, procedentes de distintos puntos da provincia, daranse cita este fin de semana na Praza da Souteira xunto aos anfitrións, os Felos e Madamas
xuntanza_entroidos_esgos
11 Sep 2026

Este domingo a Praza da Souteira, en Esgos, converterase en punto de encontro dalgunhas das figuras máis representativas do entroido galego. A partir das 12.00 horas, a localidade acollerá unha xornada na que se darán a man varias tradicións que, aínda compartindo raíz, se desenvolveron de xeito distinto en cada recuncho da provincia.

Ao encontro chegarán os Cabreiros de Muíños, o Fulión de Viana do Bolo, os Follateiros de Lobios e as Pantallas de Xinzo, catro agrupacións que compartirán espazo cos anfitrións da cita: os Felos e Madamas de Esgos, personaxe que dá nome á asociación organizadora deste encontro.

A Asociación Cultural Etnográfica Felos e Madamas do Concello de Esgos é quen impulsa esta xornada, coa colaboración da área de Cultura do Concello de Esgos. O obxectivo é sinxelo: que o público poida gozar nun mesmo espazo e nunha mesma mañá da variedade de máscaras, vestimentas e costumes que forman parte do entroido tradicional ourensán, e que as propias comparsas teñan ocasión de coñecerse e intercambiar experiencias entre elas.

0.16100120544434