Esgos abre o prazo para anotarse no seu Campamento de Verán

RibeiraSacraXa | OurenseXa
As actividades desenvolveranse entre o 29 de xuño e o 21 de agosto
campamento-veran-nenos
19 Jun 2026

O Concello de Esgos vén de anunciar a posta en marcha do Campamento de Verán 2026, unha actividade destinada á infancia que se desenvolverá durante os meses estivais cun programa centrado no lecer, a aprendizaxe e as actividades ao aire libre.

O campamento terá lugar entre o 29 de xuño e o 21 de agosto e contará cun horario de luns a venres, de 09:30 a 13:30 horas. A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 23 de xuño.

O programa inclúe actividades variadas como obradoiros, xogos, sendeirismo e tamén saídas á piscina, combinando propostas lúdicas e educativas adaptadas ás idades dos participantes.

En canto ás tarifas, o prezo por semana será de 10 euros para persoas empadroadas no municipio e de 20 euros para non empadroados. Para máis información, o Concello de Esgos habilita o teléfono 988 290 000.

0.11612200737