O programa “Maruxa Mallo” continúa este xoves en Esgos cunha charla sobre alimentación

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actividade terá lugar ás 18:00 horas no Local Social de Pardeconde
charla-alimentacion-esgos
2 Jul 2026

O Programa Maruxa Mallo continúa co seu programa de actividades este verán cunha nova charla titulada “Alimentación, clave no ciclo das mulleres”, que se celebrará o xoves 2 de xullo ás 18:00 horas no Local Social de Pardeconde, no concello de Esgos.

A sesión enmárcase nunha iniciativa conxunta dos concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín e Paderne de Allariz, dirixida ás mulleres dos tres municipios e centrada no seu benestar, formación e empoderamento.

A charla abordará como a alimentación pode influír no benestar e na saúde ao longo das diferentes etapas da vida das mulleres.

O programa “Maruxa Mallo” contempla a realización de obradoiros e actividades formativas, así como a prestación de apoio psicolóxico, xurídico e laboral, ademais de orientación personalizada para mellorar as oportunidades e recursos das participantes. Inclúe tamén ferramentas para reforzar a autoestima, a saúde e a empregabilidade, así como accións de prevención da violencia de xénero e promoción da igualdade.

0.13182497024536