Esgos retoma este venres o taller de memoria e estimulación cognitiva para adultos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A nova edición dará continuidade ao traballo desenvolvido entre marzo e xuño e aínda dispón dalgunha praza na Biblioteca municipal
Imaxe recurso dun cerebro
23 Sep 2026

Este venres, 25 de setembro, comezará en Esgos unha nova edición do Taller de memoria e estimulación cognitiva para adultos, unha proposta que dará continuidade ás sesións desenvolvidas entre os meses de marzo e xuño.

As persoas que participaron na anterior edición continuarán nesta nova etapa, aínda que permanece dispoñible algunha praza para novas incorporacións.

As clases celebraranse na Biblioteca municipal todos os venres, de 16.00 a 17.30 horas, e terán un carácter totalmente práctico.

0.14774799346924