Esgos endurece as medidas ante a grave escaseza de auga e ameaza con cortar a subministración por consumos abusivos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Concello lembra que está prohibido utilizar a auga da traída para regar, lavar vehículos, encher piscinas ou para calquera uso que non sexa esencial
Imaxe dun grifo de auga
11 Aug 2026

O Concello de Esgos adoptou novas medidas ante a situación de grave escaseza de auga que está a afectar ao municipio e advertiu de que poderá interromper a subministración aos veciños que manteñan consumos considerados abusivos ou indebidos.

A través dun aviso á veciñanza, o Concello sinala que a situación actual obriga a adoptar “medidas inmediatas e contundentes” para garantir o abastecemento da poboación.

Entre as restricións establecidas figura a prohibición de utilizar a auga da traída para regar, baldear, lavar vehículos, encher piscinas ou realizar calquera outro uso que non sexa “estritamente esencial”.

O Concello pide a colaboración de toda a veciñanza para facer fronte á situación e garantir que a auga dispoñible poida destinarse aos usos necesarios. Ademais, advirte de que aquelas persoas que continúen realizando un consumo abusivo ou indebido poderán ver interrompida a súa subministración.

0.14434814453125