O Grupo de Coidados volve a Sober para apoiar ás persoas coidadoras

RibeiraSacraXa
A iniciativa, desenvolvida coa Asociación Xaruma, contará con dous grupos e dúas sesións mensuais no Centro Sociocultural
coidado fogar
5 Oct 2026

O Concello de Sober dará continuidade este ano ao Grupo de Coidados, unha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Asociación Xaruma que ofrece ás persoas coidadoras un espazo para compartir experiencias, adquirir ferramentas e favorecer o seu benestar.

A programación contará con dous grupos diferenciados. Un deles estará dirixido ás auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello e estará orientado á cohesión do equipo e á prevención do esgotamento físico e mental asociado ao traballo de coidados.

O segundo grupo estará aberto ás persoas coidadoras familiares de Sober e funcionará como un espazo de apoio mutuo, socialización e intercambio de experiencias entre as participantes.

As sesións celebraranse dúas veces ao mes, os martes, no Centro Sociocultural de Sober. O grupo destinado ás familias reunirase de 16.00 a 17.00 horas, mentres que o grupo do SAF terá as súas sesións de 18.00 a 19.00 horas.

As persoas interesadas en participar deberán realizar inscrición previa no teléfono 698 142 158.

0.15611386299133