Sober programa unha nova sesión do Círculo de Encontro sobre acompañamento colectivo

O Concello de Sober celebrará o próximo xoves, 15 de outubro, unha nova sesión do Círculo de Encontro sobre acompañamento colectivo. A actividade terá lugar ás 19.30 horas na Casa da Cultura e estará conducida por Paula Santos.
Esta segunda sesión leva por título “Presenza e ausencia” e estará centrada na reconstrución narrativa mediante o relato compartido. A proposta busca traballar sobre a maneira de transformar e integrar a nova realidade no día a día a través da posta en común de experiencias.
As persoas interesadas en participar poden solicitar información ou formalizar a inscrición nos teléfonos 982 460 513 e 628 055 236.
A actividade está vinculada ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e conta coa participación do Concello de Sober, o Ministerio de Igualdade e o Gabinete Socioeducativo.