Sober encara a recta final do verán con deporte, música e cinema ao aire libre

RibeiraSacraXa
A programación municipal mantén varias citas ata finais de agosto, entre elas a Santa Cruz Bike e o tradicional Baile á luz da lúa
festa-da-escumpa-sober
21 Aug 2026

Sober continúa coa súa programación de verán, que durante estas semanas está combinando propostas culturais, musicais, deportivas e de lecer dirixidas a diferentes públicos.

A seguinte cita será mañá, sábado 22 de agosto, coa celebración da Santa Cruz Bike, que incluirá unha ruta BTT e unha andaina coincidindo coas Festas de Santa Cruz de Brosmos.

A programación continuará o venres 28 de agosto coa actuación da Banda de Música de Sober, que protagonizará unha nova edición do Baile á luz da lúa na Praza do Toural.

A recta final das actividades chegará o domingo 30 de agosto co Cine de Verán. A partir das 22.00 horas proxectarase a película “Padre no hay más que uno 5” na Praza do Toural ou no Campo da Feira.

Deste xeito, Sober mantén ata finais de mes unha oferta de actividades que combina deporte, música e cinema e que busca ofrecer alternativas de ocio para veciños e visitantes durante o período estival.

0.14752984046936