Sober proxecta “Padre no hay más que uno 5” este domingo dentro do seu ciclo de cine de verán

RibeiraSacraXa
A sesión terá lugar ás 22.00 horas na Praza Campo da Feira, con entrada libre
sober-cine-de-veran-padre-no-hay-mas-que-uno-5
29 Aug 2026

Sober celebrará este domingo, 30 de agosto, unha nova sesión do seu ciclo de cine de verán coa proxección de “Padre no hay más que uno 5: Nido repleto”, a quinta entrega da coñecida saga de comedia española dirixida e protagonizada por Santiago Segura.

A película, que mantén no reparto habitual a intérpretes como Leo Harlem, Toni Acosta, Calma Segura, Sirena Segura e Martina D’Antiochia, poderá verse a partir das 22.00 horas na Praza Campo da Feira.

A sesión será de entrada libre e permitirá ao público desfrutar desta comedia familiar ao aire libre, dentro da programación cultural de verán do municipio.

0.14156699180603