Obras no centro emisor de Frontón afectarán á sinal de TDT en varias zonas de Sober desde o 11 de setembro

RibeiraSacraXa
Varias parroquias e núcleos do concello poderían perder temporalmente a sinal dalgunhas canles e precisarán resintonizar o televisor
TDT Sober
7 Sep 2026

A partir do vindeiro venres 11 de setembro levaranse a cabo actuacións no centro emisor de TDT de Frontón, unha intervención que terá repercusión sobre a recepción da sinal en diferentes zonas do Concello de Sober.

As áreas afectadas inclúen Santo Estevo de Anllo (cos núcleos da A Barca, A Burdalla, A Mogueira, A Pousa, Castinande, Cuñas, Hortás, O Cabarco, O Campo de Anllo, O Xuncal, Pacios de Anllo, Portizó, Regueiro e Souto Novo), Bolmente (Camilo), Millán (As Casas Grandes), Proendos (Castaxúa), Rosende (Naz de Arriba e Fondo de Vila) e San Martiño de Anllo (A Barreira, A Bertonía, Arxemil, Fervenza, Naz de Arriba, O Couto e San Martiño).

Como consecuencia destas actuacións, é posible que algunhas canles deixen de sintonizarse correctamente, polo que os veciños afectados deberán realizar unha nova busca de canles nos seus televisores. No caso das comunidades de veciños, tamén podería ser necesario revisar e axustar a instalación colectiva de antena.

Para resolver dúbidas relacionadas co centro emisor ou coa cobertura da TDT, habilitouse o teléfono da Oficina da Televisión Dixital en Galicia: 881 866 388.

0.14891004562378