As parroquias de Lobios e Santa Cruz de Brosmos xa preparan os seus magostos

As parroquias de Lobios e Santa Cruz de Brosmos, no municipio de Sober, celebrarán os seus magostos a finais de outubro e comezos de novembro, con propostas que combinarán a gastronomía e a festa.
En Lobios, a cita terá lugar o domingo 1 de novembro cun xantar popular previsto para as 14.00 horas. O menú incluirá callos, empanada, sobremesa, viño, café e castañas. O prezo será de 25 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, mentres que os menores desa idade poderán asistir de balde.
A xornada estará amenizada polo Dúo Kopérniko. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 24 de outubro no teléfono 647 091 842. A celebración conta coa colaboración do Concello de Sober.
Pola súa banda, Santa Cruz de Brosmos adiantará o seu magosto ao sábado 31 de outubro. A programación comezará ás 14.00 horas e prolongarase ata a noite, cando está prevista unha procesión.