Sober retoma este martes as actividades deportivas con propostas para diferentes idades

RibeiraSacraXa
A programación inclúe ximnasia de mantemento, tonificación, pilates e o uso do ximnasio municipal, ademais de sesións nas parroquias
Imaxe recurso de ioga
22 Sep 2026

Sober retoma esta semana a súa programación de actividades deportivas, con diferentes propostas tanto no núcleo municipal como nas parroquias. As persoas interesadas poden solicitar información e formalizar a inscrición no Centro Sociocultural de Sober.

A ximnasia de mantemento desenvolverase no Ximnasio Municipal os luns e mércores ás 11.00 horas e os xoves ás 17.30 horas. Esta actividade tamén se trasladará ás parroquias, con sesións os martes en Anllo, ás 16.00 horas, e en Bolmente, ás 17.15 horas; os mércores será a quenda de Rosende, ás 17.15 horas, e Canabal, ás 18.30 horas.

Pola súa banda, as sesións de tonificación terán lugar os martes e xoves ás 19.00 horas no Ximnasio Municipal. A programación complétase con pilates, que se impartirá os xoves ás 11.00 horas, tamén nestas instalacións.

O Ximnasio Municipal contará ademais cun horario específico de apertura. Os luns e mércores permanecerá aberto de 10.30 a 13.30 horas, mentres que os xoves poderá utilizarse entre as 17.30 e as 20.00 horas.

Para obter máis información ou realizar as inscricións, as persoas interesadas deben acudir ao Centro Sociocultural de Sober.

0.14941883087158