O Concello de Sober manterá aberto até o 15 de outubro o prazo para solicitar as axudas destinadas a libros, material escolar e matrícula

RibeiraSacraXa
As subvencións están dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Bacharelato e estudos universitarios
material-escolar
1 Oct 2026

O Concello de Sober mantén aberto ata o próximo 15 de outubro o prazo para solicitar as axudas destinadas a sufragar gastos educativos durante o curso 2026/2027. A convocatoria inclúe subvencións para a adquisición de libros e material escolar e para facer fronte aos gastos de matrícula.

As axudas están dirixidas, por unha banda, ao alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e, por outra, a estudantes de Secundaria, ciclos de Formación Profesional, Bacharelato e ensinanzas universitarias que residan no municipio.

Para acceder ás subvencións, tanto a persoa solicitante como os menores beneficiarios deberán estar empadroados e residir efectivamente en Sober. No caso de Infantil e Primaria, os menores deberán cursar estudos no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme durante o curso 2026/2027, mentres que para Secundaria, FP, Bacharelato e universidade será necesario estar matriculado nestes estudos no mesmo curso académico.

As contías máximas varían segundo o nivel educativo. Para o segundo ciclo de Infantil e Primaria establécese unha axuda de ata 100 euros por alumno ou alumna. No caso de Secundaria, FP e Bacharelato, o importe poderá alcanzar os 125 euros por estudante, mentres que para os estudos universitarios a subvención será de ata 250 euros.

As solicitudes deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober, de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas. Tamén se poderá realizar o trámite por vía telemática a través da sede electrónica municipal.

0.14765810966492