O Castro de Caldelas acollerá unha charla dirixida a mulleres da man dunha psicóloga sanitaria

RibeiraSacraXa
Sonia Suárez Arias impartirá unha sesión sobre perdas invisibles este venres, 9 de outubro, ás 17.00 horas no salón de plenos do Concello
charla-prdas-mulleres-caldelas
8 Oct 2026

O programa ‘Mulleres Caldelás’ organizará este venres, 9 de outubro, unha charla centrada nas chamadas perdas invisibles na vida das mulleres. A sesión terá lugar ás 17.00 horas no salón de plenos do Concello de O Castro de Caldelas.

A actividade será impartida pola psicóloga sanitaria Sonia Suárez Arias e abordará diferentes situacións de perda que poden afectar ás mulleres ao longo da súa vida, tamén aquelas que non sempre son visibles ou recoñecidas socialmente.

Entre os temas que se tratarán figuran a perda da vida ou da saúde, os cambios relacionados co aspecto físico e a perda do rol profesional ou laboral. A charla tamén analizará as consecuencias das rupturas familiares ou de parella.

Outro dos aspectos que se poñerá sobre a mesa será a posible perda da identidade propia asociada á carga dos coidados, unha situación que pode levar a deixar nun segundo plano as necesidades e os proxectos persoais.

A iniciativa está promovida polos concellos de Castro Caldelas e Montederramo e conta con financiamento europeo e da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

0.15846705436707