Castro Caldelas programa un campamento multideporte para nenos e mozos durante outubro e novembro

RibeiraSacraXa
A actividade está dirixida a participantes de entre 2 e 16 anos e desenvolverase polas tardes no pavillón municipal
nenos_campamento_conciliacion_xogar
6 Oct 2026

O Concello de Castro Caldelas organizará durante os meses de outubro e novembro un campamento multideporte dirixido a nenos e mozos de entre 2 e 16 anos.

As actividades desenvolveranse no Pavillón de Deportes de Castro Caldelas, en horario de 16.00 a 17.30 horas, e estarán centradas na práctica de diferentes modalidades e propostas deportivas adaptadas ás idades dos participantes.

A iniciativa forma parte do programa de Plans Corresponsables da Xunta de Galicia, orientado á posta en marcha de actividades para facilitar a conciliación e ofrecer alternativas de lecer e actividade física para os menores.

As familias interesadas en obter máis información ou formalizar a inscrición poden contactar co Concello no teléfono 988 203 000.

1.4507851600647