Castro Caldelas organiza unha xornada de kayak polo Sil o vindeiro 22 de agosto

RibeiraSacraXa
O Concello pon en marcha unha actividade acuática no río Sil con prazas limitadas, na que é imprescindible saber nadar
kayak_castro_caldelas
16 Aug 2026

O Concello de Castro Caldelas ten programada para o vindeiro 22 de agosto unha xornada de kayak no río Sil, unha proposta pensada para gozar da contorna natural do canón a través do deporte e o lecer na auga.

A actividade ten un custo de 10 euros para as persoas empadroadas no municipio, xa que o Concello asume o 50 % do prezo total, mentres que quen non estea empadroado aboará 20 euros.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición nas oficinas do Concello. O horario concreto da xornada estableceráse máis adiante en función do número de grupos que se conformen.

O punto de encontro fixouse en Rabacallos, no termo de Parada do Sil. Dende a organización lémbrase que é imprescindible saber nadar para poder tomar parte na actividade.

0.12273097038269